1.2.13

As matemáticas do cotiá

O día 16 de xaneiro tivemos no noso centro á Decana da Facultade de Matemáticas da USC
 Victoria Otero Espinar que impartiu a charla "As matemáticas do cotiá".
Beatriz Álvarez, alumna de 2º de BAC fainos unha redaccionciña do que lle pareceu a ela:

"As matemáticas, esa estraña asignatura que ten unha linguaxe propia, que é a base e a ferramenta do resto das ciencias. Esa ciencia na que o máis mínimo erro pode ter unha grave consecuencia, e pode botar por terra a resolución dun problema tremendamente complexo. Esa materia da que moitos alumnos se queren olvidar canto antes é a base da maior parte das cousas que temos ao noso arredor.
As matemáticas son esa ciencia que estuda cousas tan curiosas como a ecuación da coleta ou a medida da India en elefantes; pero que nos permite tamén facer implantes dentais, predicir a influencia dun determinado fenómeno meteorolóxico, os efectos da contaminación… ou por exemplo, coñecer a ecuación para aparcar en calquera lugar. Pode parecer inútil, posto que ningún condutor vai  necesitar despexar incógnitas cando teña que estacionar o seu coche, e entón ¿cál é a súa utilidade? A súa aplicación está cada día na nosa televisión, nos anuncios publicitarios: aínda que nós non o atribuïamos ás matemáticas, os coches que aparcan sos necesitan desta ecuación.
Na nosa vida cotiá estamos rodeados de matemáticas, números e ecuacións aínda que non sexamos capaces de velos: os televisores, os ordenadores, os móbiles, os microondas, internet… As matemáticas non so están nos libros de texto."
Sen esquecer o humor:



No hay comentarios:

Publicar un comentario