15.10.12

O Xoán Montes cumpre 40 anos

                O 15 de octubro de 1972 botaba a andar o instituto Xoán Montes, daquela chamábase o Mixto nº 1. Recordeino hai uns días cando me atopei cun compañeiro de clase.
Aquí estabamos ao pé da escaleira, mentras Margarita Carballo (xefa de estudos) e Orozco (secretario) nos iban nomeando para colocarnos na nosa aula.
Quero recordar a todos aqueles profesores: Pili Albo, Shireley, Epifanio Ramos, Adela, Miguel Rico, Carlos Campoy, Manuel Rebolo, José López,...e tantos outros que con respecto e dedicación tanto nos ensinaron e souberon crear un ambiente de compañerismo que todos recordamos despois de tanto tempo.
E tamén estaban os alumnos, os meus compañeiros daquela: Tesi Yáñez, Manolo Rodríguez, Silvarrey, Angeles Núñez, Valín, Vazquín,...algúns seguimos a ser amigos.
Sei que os que lembren a día de hoxe aquel día farano cun sorriso doce, a todos eles grazas polas vivencias compartidas e que hoxe lembramos.


 

2 comentarios:

  1. Eu também lembro esse dia, importante para mim porque me estreava de professor: 40 anos de vida do Xoan Montes e 40 anos de docência que eu também cumpro, e continuo em activo, pois naquela altura eu tinha 22 anos, pouco mais que os meus alunos.

    Lembro a todos os que citas (e a muitos mais)e também, com pesar, ao nosso director Epifanio Ramos infelizmente desaparecido há alguns anos.

    Carlos Campoy

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitísimas grazas, ben sabes a gran influenza que tiveches en tantos de nos. Sempre te lembramos con agradecemento e moitas risas.

      Eliminar