23.6.12

Centenario de Alan Turing

Tal día coma hoxe, 23 de xuño de 1912, naceu en Maida Vale (Londres), Alan Turing.Foi matemático, científico de computación, criptógrafo e filósofo. Os seus estudos e investigacións matemáticas sobre números computacionales converteron a este científico no precursor da informática.Tamén e moi coñecido por romper os códigos utilizados polo exército alemán a a súa máquina Enigma, algo que propiciou a derrota da Alemania nazi por parte dos países aliados na Segunda Guerra Mundial. A súa carreira terminou de forma tráxica cando foi procesado por ser homosexual. Non se defendeu dos cargos e se lle deu a escoller entre a castración química ou o cárcere. Elexiu o primeiro e sufriu graves consecuencias físicas. Dous anos despois do xuizo, en 1954, suicidouse con cianuro. A lenda dí que o fixo cunha mazá envenenada xa que o seu conto favorito era "Brancaneves e os sete enaniños".
Para celebrar o seu centenario Google dedícalle un dos seus "doodles" cunha recreación da Máquina de Turing e reta aos usuarios do buscadosr . Queres xogar?": O "doodle" ten seis desafíos que o xogador debe resolver. Para comenzar o usuario febe pulsar o botón "play" de cor verde que está á esquerda. De seguido na parte superior dereita aparece un código a base de "ceros" e "uns" que os que xoguen deberán intentar reproducir exactamente cos númerod de abaixo, cómo? Google plantexa diferentes formas e combinacións no su "doodle" para conseguilo e así que o usuario atopa o código correcto, deberá a volver a pulsar o botón "play" para comprobar o resultado. Se é correcto, Google premiará ao xogador coa primeira das súas letras e pasará a mostrarlle o seguinte códgo co problema aparexado para resolvelo
                       

1 comentario:

  1. Parécenos que a vida e a obra desde matemático inglés podería aportar ideas enriquecedoras para un proxecto colaborativo entre distintos departamentos para o próximo curso. De momento disfrutemos as vacacións... pero en setembro celebraremos este centenario como se merece ;)

    ResponderEliminar